Cursos de nivel básico


Corresponde aos establecidos no Regulamento dos servizos de prevención (Real decreto 39/1997, de 17 de xaneiro).

Obxectivos

1. Proporcionar o nivel de capacitación necesario para desenvolver as funcións de xestión da prevención, establecida no artigo 35 do Regulamento dos servizos de prevención.

2. Proporcionar aos empresarios a formación e os coñecementos que os capaciten para xestionar a prevención nas súas propias empresas ou centros de traballo.
 

Contido

1. Conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo.
2. Riscos xerais e a súa prevención.
3. Riscos específicos do sector da actividade da empresa e a súa prevención.
4. Elementos básicos da xestión da prevención de riscos.
5. Primeiros auxilios.
6. Prevención de riscos laborais dende a perspectiva de xénero.

Duración

Estes cursos, con carácter xeral, teñen una duración de 35 ou 60 horas e desenvolven o programa formativo establecido nos anexos IV-B) o IV-A) do citado regulamento, cun engadido sobre prevención de riscos laborais dende a perspectiva de xénero de 5 ou 10 horas respectivamente.