Publicacións

Prevención e saúde laboral ante o coronavirus no SECTOR FORESTAL


Cartel e flyer  informativo con recomendacións preventivas no sector FORESTAL sobre: Medidas previas ao comezo da actividade, distancia de seguridade, hixiene e limpeza e medidas organizativas.

Criterios técnicos para a xestión de espectáculos públicos temporais


O ISSGA participou nun grupo de traballo no seo da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo que estableceu criterios técnicos comúns a nivel nacional para facilitar a xestión preventiva durante a montaxe e desmonte de espectáculos públicos.

Guía ISSGA de recomendacións preventivas no ámbito laboral ante o coronavirus: recintos feriais


O obxectivo deste documento é dar pautas e recomendacións preventivas para minimizar o risco de contaxio e propagación do virus, co fin de garantir a protección da saúde das persoas traballadoras e usuarias durante o desenvolvemento das actividade relativas ao deseño, execución e xestión de reunións, incentivos, conferencias, congresos, eventos e feiras comerciais segundo as indicacións das autoridades sanitarias.

Guía Issga de recomendacións preventivas no ámbito laboral ante o coronavirus: cerimonias nupciais e outras celebracións relixiosas ou civís


O obxectivo deste documento é dar pautas e recomendacións preventivas para minimizar o risco de contaxio e propagación do virus, co fin de garantir a protección da saúde das persoas traballadoras e usuarias durante o desenvolvemento da actividade nas cerimonias nupciais e outras celebracións relixiosas ou civís segundo as indicacións das autoridades sanitarias. Debe ser a base para elaborar un protocolo que recolla as medidas específicas que se deban adoptar en función das características de cada cerimonia ou celebración..