Publicacións

Folla de prevención nº 17 - Febreiro 2010 - Acoso psicolóxico no traballo ou mobbing


Imaxe da folla de prevención

Esta folla contén información de interese sobre o acoso psicolóxico no traballo ou mobbing: introdución, datos estatísticos, definición, perfil dos implicados, orixe, tipos, fases, identificación e avaliación, consecuencias, intervención, liñas de investigación e prevención.

A súa autora é Mª Paz Eyré Vázquez, médica especialista en Medicina do Traballo e técnica superior en Prevención de Riscos Laborais do ISSGA.

Folla de prevención nº 16 - Xaneiro 2010 - A doenza profesional.


Nela defínense os danos derivados de traballo e se facilita información sobre o novo cadro de doenzas profesionais e a súa notificación, a vixilancia da saúde na súa detección así como as peculiaridades das prestacións económicas por doenza profesional.

A súa autora é Nieves Lorenzo espeso, médica especialista en medicina do traballo e Técnica Superior en prevención de riscos laborais do ISSGA.

Folla de prevención nº 15 - Decembro 2009 - Os equipos de protección individual e a súa correcta utilización


Nela facilítase información sobre os equipos de protección individual (EPI): definición, cándo hai que usalos, requisitos, elección, uso e mantemento, formación e información así como das obrigas dos empresarios e dos traballadores

A súa autora é Mª Jesús Copa Arias, enxeñeira industrial e Técnica Superior de Prevención de Riscos Laborais do ISSGA.

 

Folla de prevención nº 14 - Novembro 2009 - Electricidade estática en oficinas. Lipoatrofia semicircular


Na primeira parte desta folla de prevención facilítase información sobre a electricidade estática en oficinas, os seus perigos e medidas correctoras; a continuación descríbese a lipoatrofia semicircular, as súas causas e factores de risco e como actuar ante ela.

A súa autora é Lucía Ferrón Vidán, doutora en Bioloxía e Técnica Superior de Prevención de Riscos Laborais do ISSGA.