Publicacións

Folla de prevención nº 21 - Xuño - Coordinación de actividades empresariais nas actividades de construción e reparación naval (I)


Imaxe da folla de prevención nº 21

Esta é a primeira de dúas follas de prevención dedicadas á coordinación de actividades empresariais nas actividades de construción e reparación naval para garantir o control das interaccións das diferentes actividades desenvoltas no centro de traballo.

Folla de prevención nº 20 - Maio 2010 - Riscos psicosociais


Imaxe da folla de prevención nº 20

Esta folla contén información de interese sobre os riscos psicosociais. Comeza cunha pequena introdución, definindo os factores psicosociais, o estrés e o trastorno psicosomático para logo continuar coas consecuencias e a prevención dos riscos psicosociais.

Folla de prevención nº 19 - Abril 2010 - Riscos eléctricos no sector naval (II)


Imaxe da folla de prevención nº 19

É a segunda e derradeira folla de prevención adicada aos riscos eléctricos no sector naval e céntrase nas medidas preventivas e correctoras.

Folla de prevención nº 18 - Marzo 2010 - Riscos eléctricos no sector naval (I)


Imaxe da folla de prevención nº 18

É a primeira de dúas follas de prevención adicadas aos riscos eléctricos no sector naval.

Nela facilítase información sobre os factores que determinan a enerxía eléctrica, o percorrido da corrente, os efectos fisiolóxicos e os tipos de contacto.