
Esta é a primeira dunha colección de follas de prevención dedicadas ao risco de orixe eléctrica.
Nela facilítase información sobre os danos producidos polo risco eléctrico, os efectos da corrente e os tipos de contactos eléctricos.
Esta folla contén información de interese sobre as relacións de causalidade entre traballar e consumir alcohol. Despois dunha pequena introdución, facilítase información sobre as accións do alcohol, a clasificación dos seus efectos, como determinar a concentración en sangue en función do alcohol consumido e por último a súa eliminación.
Logo dunha pequena introdución, analízanse os tipos de soldadura e equipos de traballo para deseguido describir os riscos derivados desa actividade, rematando coas medidas preventivas e os EPI necesarios para combatelos.
É a segunda das dúas follas de prevención dedicadas á coordinación de actividades empresariais nas actividades de construción e reparación naval para garantir o control das interaccións das diferentes actividades desenvoltas no centro de traballo.