Publicacións

Folla de prevención nº28 A comunicación do risco químico (II)


O obxectivo que se pretende acadar con esta publicación é divulgar e explicar aqueles aspectos do regulamento REACH que afectan á prevención de riscos laborais. Este regulamento veu a substituír a máis de 40 normas diferentes que regulaban a clasificación, avaliación, restrición e información das substancias e preparados químicos. É un instrumento legal moi amplo que afecta a moitos tipos de substancias e establece procedementos diferentes para controlar a súa fabricación, usos e comercialización.

Folla de prevención nº 27 – Risco eléctrico en baixa tensión


Os obxectivos que se pretenden acadar con esta publicación son coñecer o risco eléctrico, os efectos da electricidade sobre a saúde e as medidas de prevención e protección fronte ao risco en instalacións de baixa tensión.

Folla de prevención nº 26 - A comunicación do risco químico (I)


Esta “folla de Prevención“ centrase nos cambios que CLP está producindo no sistema de clasificación e etiquetado dos producos químicos perigosos (sustancias e preparados) e en outras informacións xeradas por este regulamento, é dicir, naqueles cambios ou novedades que CLP está producindo na información e normativa que debemos baraxar para identificar e evaluar o risco químico nos lugares de traballo.

Folla de prevención nº 25 - Prevención de riscos laborais de orixe eléctrica (I)


Esta é a primeira dunha colección de follas de prevención dedicadas ao risco de orixe eléctrica.

Nela facilítase información sobre os danos producidos polo risco eléctrico, os efectos da corrente e os tipos de contactos eléctricos.