
Esta folla contén información de interese sobre os sistemas de xestión da prevención de riscos laborais na empresa.
É a segunda folla dunha serie de dúas que se centran nesta temática. Nela recóllense os aspectos relativos aos modelos dos sistemas de xestión, directrices europea, directrices da OIT (ILO-OSH 2001), e das normas OHSAS 18001 e 18002.
O seu autor é José Rega Piñeiro, subdirector xeral Técnico e de Planificación e técnico superior en Prevención de Riscos Laborais do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral.
O autor é Alberto Villarroya López, técnico en ergonomía da Unidade Periférica do Servizo de Prevención Propio do SERGAS de Lugo.
Nesta folla de prevención, logo dunha introdución á problemática da manipulación de pacientes e dos métodos de avaliación do risco, analízase o método MAPO: identificación de factores, cálculo do índice MAPO, niveis de exposición e intervención, así como planificación da avaliación e as medidas preventivas.
Esta folla contén información de interese sobre os sistemas de xestión da prevención de riscos laborais na empresa. É a primeira folla dunha serie de dúas que se centran nesta temática. Nela recóllense os aspectos relativos á normalización e certificación dos sistemas de xestión da prevención de riscos laborais, as súas vantaxes e inconvenientes, e os elementos dun sistema de xestión.
O seu autor é José Rega Piñeiro, subdirector xeral Técnico e de Planificación e técnico superior en Prevención de Riscos Laborais do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral.
Esta folla contén información de interese sobre os tipos de artes de enmalle e a forma de faenar, incidindo nos riscos e medidas preventivas específicos do enmalle; tamén inclúe un vocabulario náutico-pesqueiro.
A súa autora é Paula Pardo Fernández, técnica Superior en Prevención de Riscos Laborais do servizo de prevención mancomunado Mar Seguro de Galicia.