Publicacións

Folla de prevención nº 40 - A motoserra


Esta folla de prevención ten como obxectivo poñer en coñecemento as condicións que se deben ter en conta na elección dunha motoserra, os distintos elementos de seguridade da máquina, os riscos que existen no emprego da motoserra, as medidas de prevención e protección existentes fronte aos devanditos riscos e a forma de uso da motoserra, que é o axente causante dunha importante parte dos accidentes graves e mortais no sector forestal en Galicia.

Folla de prevención nº 37 - Seguridade no ámbito das carretillas elevadoras (II)


Folla de prevención nº 37 - Seguridade no ámbito das carretillas elevadoras (II)

A segunda das follas de prevención relacionada coa seguridade no ámbito das carretillas elevadoras fai fincapé na planificación preventiva que se debe seguir. En particular, detállanse as revisións de mantemento e as inspeccións técnicas de seguridade que se deben esixir, as primeiras en función do uso do equipo e as segundas cunha periodicidade mínima anual.

Folla de Prevención nº 3 - Exposición laboral a fitosanitarios


Reedición desta Folla de prevención na que se definen os produtos fitosanitarios, a súa composición e clasificación e se describen as actividades a desenvolver no ámbito laboral co obxectivo da protección eficaz da seguridade e saúde dos traballadores expostos a produtos fitosanitarios.

A súa autora é Mª Carmen Arias López, Xefa da Sección de Hixiene de Campo e Analítica do Centro Issga en Lugo.

Folla de prevención nº 39 - Accesorios de elevación de cargas (II)


Folla de prevención nº 39 - Accesorios de elevación de cargas (II)
Segunda das follas de prevención dedicada aos accesorios de elevación de cargas na que se indican os apartados máis importantes que temos que ter en conta á hora de elaborar un procedemento de seguridade.