Publicacións

Folla de prevención nº 43 - Prevención de riscos nos postos de traballo de carnicerías e charcuterías (I)


Esta folla de prevención é a primeira das dúas publicacións centradas nos riscos laborais nos postos de traballo de carnicerías e charcuterías.

Neste documento preséntase os principais riscos e medidas preventivas que deben adoptarse por parte dos traballadores e traballadoras.

Entre outras, danse pautas en referencia aos equipos de traballo e máquinas e utensilios de corte, recordando que non deben manipularse os dispositivos de seguridade das máquinas, que os coitelos deben estar ben afiados e ter un deseño adecuado a cada operación, e que hai que empregar as luvas de malla para cortar, entre outras medidas preventivas. A publicación fai tamén fincapé nas medidas que deben adoptarse no acceso ás cámaras frigoríficas.

Folla de prevención nº 42 - Accesorios de elevación de cargas (III)


Esta terceira e derradeira folla de prevención sobre os accesorios de elevación de cargas trata os aspectos técnicos cando é a empresa usuaria a que fabrica os seus propios accesorios de elevación para poder realizar tarefas de movemento de cargas cos seus guindastres ou outros aparellos de elevación.

Folla de prevención nº 41 - Avaliación cualitativa de risco biolóxico


Nesta publicación defínense os axentes biolóxicos, se indica a súa clasificación, describe como realizar unha avaliación simplificada cando existe risco biolóxico e por último, como actuar no caso dunha traballadora embarazada que poida estar exposta a riscos de exposición aos axentes biolóxicos.

Folla de prevención nº 40 - A motoserra


Esta folla de prevención ten como obxectivo poñer en coñecemento as condicións que se deben ter en conta na elección dunha motoserra, os distintos elementos de seguridade da máquina, os riscos que existen no emprego da motoserra, as medidas de prevención e protección existentes fronte aos devanditos riscos e a forma de uso da motoserra, que é o axente causante dunha importante parte dos accidentes graves e mortais no sector forestal en Galicia.