
Nela descríbese que é a sílice, cales son os efectos para a saúde, quen está en risco e onde se pode atopar. Así mesmo, faise referencia á avaliación de riscos e ás medidas preventivas.
O seus autores son Alfonso Manuel Pérez Santiago (biológo), José Ángel Piñeiro Bernárdez (químico) e Manuel Gil Fernández (médico), todos eles técnicos do Centro de Seguridade e Saúde Laboral do ISSGA en Pontevedra (Rande-Redondela).
Esta folla contén información de interese sobre o virus: modo de transmisión, síntomas da enfermidade, colectivos de maior risco... así como da actuación que deben levar a cabo as empresas no momento actual.
É a segunda e derradeira das publicacións adicadas ao cancro e o traballo.
Nela infórmase sobre os axentes canceríxenos, as actividades laborais onde se manipulan axentes canceríxenos, cómo se avalía o risco, a prevención e redución da exposición e o emprego de equipos de protección individual (EPI).
É a primeira de dúas publicación adicadas ao cancro e o traballo.
Facilita información sobre a evolución histórica do cancro, como se xera un cancro e o proceso canceríxeno, os diferentes tipos de cancro así como a identificación, clasificación e tipos de axentes carcinoxénicos.