Folla de prevención nº 44 - Prevención de riscos nos postos de traballo de carnicerías e charcuterías (II)


Esta folla de prevención é a segunda das dúas publicacións centradas nos riscos laborais nos postos de traballo de carnicerías e charcuterías.

Neste documento explícase a normativa que debe cumprir o persoal destes postos en relación aos equipos de protección individual e a formación que deben ter tanto no ámbito profesional  como no da prevención de riscos laborais. Menciónanse, ademais, as enfermidades profesionais máis comúns nestes colectivos profesionais, que están relacionadas cos trastornos de tipo musculoesqueléticos debido á adopción de posturas forzadas e á manipulación manual de cargas.

Por último, recolle a importancia da etiquetaxe da carne e o seguimento desde a súa orixe ata a venda ao consumidor, que é un principio básico da seguridade alimentaria, co obxecto de garantir a protección da saúde dos consumidores e traballadores que manipulan o produto en todo o proceso.

A autora é María García Díaz Técnica superior en Prevención de Riscos Laborais do Issga e enfermeira especialista en Enfermaría do Traballo.