
Nesta nova folla de prevención recóllense os principais aspectos realacionados coa prevención de riscos laborais na montaxe e desmontaxe de escenarios.
O seu autor é Pablo García Fernández., técnico superior de Prevención de Riscos Laborais do ISSGA.
Documento no que se definen os TME, se analizan os seus factores de risco e a forma de determinalo.
A súa autora é Mª Jesús Copa Arias, técnica superior de seguridade e saúde laboral do ISSGA.
Este documento comeza indicando os riscos para os traballadores que desenvolven a súa actividade nunha peixaría e que poden ser orixe de dano para a súa saúde. A continuación se establecen as medidas preventivas asociada ás distintas tarefas que realizan.
Esta folla de prevención é a segunda das dúas publicacións centradas nos riscos laborais nos postos de traballo de carnicerías e charcuterías.
Neste documento explícase a normativa que debe cumprir o persoal destes postos en relación aos equipos de protección individual e a formación que deben ter tanto no ámbito profesional como no da prevención de riscos laborais. Menciónanse, ademais, as enfermidades profesionais máis comúns nestes colectivos profesionais, que están relacionadas cos trastornos de tipo musculoesqueléticos debido á adopción de posturas forzadas e á manipulación manual de cargas.
Por último, recolle a importancia da etiquetaxe da carne e o seguimento desde a súa orixe ata a venda ao consumidor, que é un principio básico da seguridade alimentaria, co obxecto de garantir a protección da saúde dos consumidores e traballadores que manipulan o produto en todo o proceso.