Alerta Issga_Recomendacións preventivas de actuación en traballos forestais_Vespa velutina


A orixe desta publicación xorde da demanda do grupo de traballo do sector forestal creado polo Issga e con motivo da presenza cada vez máis habitual da vespa asiática (veluntina) non nosos montes.

O resultado desta proposta é un traballo conxunto do grupo que se concretou nun documento breve en formato cartel no que se indican as recomendacións preventivas de actuación en traballos forestais cando nos topamos coa vespa velutina.

O documento está dividido en tres partes e recolle as actuacións básicas que se deben ter en conta na planificación das tarefas tanto antes de empezar os traballo, como se se atopa un niño de velutina como, por último, no caso de ataque das vespas velutinas.