Mellora da calidade da información nos partes de accidentes de traballo_Tríptico


Documento en formato tríptico no que se reccollen os puntos de especial interese para a mellora da calidade da información dos partes de accidente de traballo.

Forma parte da campaña realizada en colaboración cos Colexios Oficiais de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, de Lugo e de Pontevedra, que ten como obxectivo incrementar o máis posible a mellora da información que debe figurar nos distintos campos do accidente de traballo, para acadar que sexa máis real, veraz e o máis comprensible posible.