Publicacións

Os MELLORA do Issga_Pedra_Prevención de riscos na lousa


Colección de 17 fichas que describen os principais riscos e medidas preventivas que se deben adoptar no traballo nas canteiras de lousa.
 

Guía técnica_Issga_Prevención de riscos ergonómicos_Actividade da distribución de alimentación


Guía de prevención de riscos ergonómicos con base no estudo realizado polos técnicos do ISSGA en varias empresas con centros de traballo en Galicia dedicadas á actividade de distribución da alimentación.

Prevención de danos músculo-esqueléticos nas traballadoras do mar


Este manual pretende dar resposta á necesidade de ter unha ferramenta escrita que apoie a formación na prevención de danos músculo-esqueléticos para as traballadoras do mar.

Mapa de risco químico. Sector industrial


Nesta publicación preséntanse e analízanse os resultados da execución do programa de redución (PR) denominado “Mapa de risco químico de Galicia” reflectido no Plan de actividades do
Issga nos anos 2010, 2011 e 2012 (código PR 15) e 2013 (código PR 12), cuxo contido se detalla no anexo II.