Publicacións

Os Atende do Issga_Agro_Prevención de riscos laborais en granxas avícolas


A finalidade desta publicación é proporcionar unha ferramenta para mellorar as condicións de traballo das persoas traballadoras nas granxas avícolas, de xeito que desenvolvan as súas tarefas de xeito seguro e saudable.

Os Lembra do Issga_Pesca_Uso de dispositivos de salvamento e supervivencia en embarcacións de pesca


A dispoñibilidade a bordo de dispositivos individuais de salvamento é fundamental, co fin de evitar perdas humanas en caso de naufraxio da embarcación. O tipo e o número destes dispositivos estarán en función da embarcación e do número de tripulantes da mesma.

Guía de vixilancia da saúde no sector pesqueiro. 3ª parte


A terceira parte da Guía aborda o traballo relativo ás artes de altura e gran altura, que se caracterizan por dedicarse á pesca en buques máis grandes, máis tecnificados e lonxe das nosas costas.

Guía de boas prácticas de prevención de riscos laborais en explotacións de gando vacún


A finalidade desta publicación é proporcionar unha ferramenta para mellorar as condicións de traballo das persoas traballadoras das explotacións de gando vacún, de xeito que desenvolvan as súas tarefas de xeito seguro e saudable.