Publicacións

7 CHAVES para a prevención da COVID -19 na túa empresa


Neste documento resólvense as dúbidas máis importantes que se poden dar no ámbito laboral de maneira resumida para saber xestionar a prevención fronte á Covid-19 na túa empresa.

Recomendacións preventivas ante o coronavirus nas xuntas das comunidades de propietarios


O obxectivo deste documento é dar pautas e recomendacións preventivas para minimizar o risco de contaxio e propagación do virus, co fin de garantir a protección da saúde das persoas traballadoras e usuarias durante o desenvolvemento das xuntas das comunidades de propietarios segundo as indicacións das autoridades sanitarias. Debe ser a base para elaborar un protocolo que recolla as medidas específicas que se deban adoptar en función das características de cada comunidade de propietarios

Criterios técnicos para a xestión de espectáculos públicos temporais


O ISSGA participou nun grupo de traballo no seo da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo que estableceu criterios técnicos comúns a nivel nacional para facilitar a xestión preventiva durante a montaxe e desmonte de espectáculos públicos.

Prevención e saúde laboral nas gravacións de contidos audiovisuais ante o coronavirus


Documento no que se recollen recomendacións preventivas básicas que se deben ter en conta nas gravacións de contidos audiovisuais segundo as informacións das autoridades sanitarias sobre o coronavirus.