Publicacións

Os produtos químicos perigosos: sector industrial. Información básica para traballadores


No documento expóñense de maneira clara e sinxela cales son os principais danos que poden causar os produtos químicos, así como as pautas fundamentais para evitar que estes danos se produzan facendo especial fincapé na importancia de identificar correctamente os produtos e situacións que poden xerar perigo e no papel do traballador na prevención destes riscos aplicando a cotío das boas prácticas. Tamén se dan indicacións básicas sobre como actuar no caso de que fallen as medidas preventivas e se produza a emerxencia: incendio, proxección dun produto... e sobre a declaración de accidentes e enfermidades profesionais.

Guía de vixilancia da saúde no sector pesqueiro. Versión completa


Reúne nun único texto os contidos das tres Guías anteriores.

Boas prácticas en prevención de riscos laborais. Manual de seguridade no laboratorio


Este manual proporciona información básica para desenvolver o traballo de laboratorio en condicións seguras en consonancia co que marca a lexislación vixente en materia de prevención de riscos laborais. Ademais de abordar os principais perigos e riscos, a guía inclúe normas de conduta e protocolos de actuación en caso de accidente.

Guía de boas prácticas_Issga_Saúde laboral: redeiras


A súa  finalidade é proporcionar unha ferramenta para mellorar a súa saúde laboral coa obligación de seguir estudando e traballando en pro da mellora das súas condicións de traballo.