Publicacións

Guía técnica de prevención de riscos laborais na PEME


Guía destinada a ofrecer información sobre a obriga do empresario de protexer a seguridade e a saúde dos seus traballadores/as. Esta protección farase principalmente a través da planificación e da avaliación dos riscos que buscarán controlar este e evitar os danos derivados do traballo.

Guía técnica ISSGA - Prevención de riscos laborais. Sector naval


A construción e reparación de buques na Comunidade galega, e en especial na provincia de Pontevedra, constitúe unha das actividades laborais máis importantes, tanto dende o punto de vista económico como laboral, coa conseguinte xeración de postos de traballo, ben directos nos estaleiros e peiraos de reparación, ben indirectos nas numerosas empresas que fabrican elementos ou equipos para o propio barco.

Equipos de traballo vinculados a riscos graves de caída de altura nas obras de construción


Manual orientado preferentemente aos técnicos e profesionais do sector que interveñen tanto na selección dos equipos coma na súa posterior instalación ou verificación.

Prevención de atracos en oficinas de banca


Guía destinada a ofrecer información útil sobre as actuacións para previr o risco de atraco no sector da banca e máis a facilitarlles aos traballadores e traballadoras do sector coñecementos que lle dan axudas a adoptar condutas seguras e comportamentos preventivos, antes, durante e despois do desenvolvemento dun atraco.