Publicacións

Avance: Informe de resultados da 1ª fase do Mapa de risco químico.


O obxectivo deste proxecto é obter datos sobre o uso de produtos químicos perigosos nas empresas da nosa comunidade autónoma para poder así exercer o noso labor con coñecemento da situación e actuar preventivamente, prestando asesoramento e asistencia técnica centrada na correcta xestión do risco químico, especialmente o derivado daqueles axentes químicos máis perigosos para a saúde dos traballadores. Este labor de asesoramento será complementado ademais con accións en materia de formación e información, dirixidas tanto a empresarios como a traballadores.

Guía de vixilancia da saúde no sector pesqueiro


Galicia, xunto con Asturias, Cantabria e Euskadi, veñen de editar a primeira fase dunha guía para a vixilancia da saúde no sector pesqueiro.

Por isto, estas catro comunidades, que suman 2.400 kilómetros de litoral (a Galicia correspóndenlle 1.500), decidiron lanzar unha guía específica de vixilancia da saúde para cada tipo de actividade dentro do propio sector (pesca de baixura e artesanal, marisqueo a pé, gran altura e actividades auxiliares). Esta primeira corresponde ao colectivo das flotas de baixura e artesanal, porque son as áreas que empregan a un maior número de persoas e se trata probablemente do ámbito no que menos se ten desenvolto un sistema de prevención da saúde, debido, entre outras cousas, a que a maioría son autónomos.

Guía técnica ISSGA - Prevención de riscos laborais. Sector eléctrico


Guía técnica para a prevención de riscos laborais. Sector eléctrico

Guía técnica ISSGA - Prevención de riscos laborais. Sector pesca baixura


Guía técnica para a prevención de riscos laborais. Sector pesca baixura