
Este documento, que se edita en varios formatos: libro, guía, tríptico e cartel, recolle os aspectos máis importantes relacionados coa prevención de riscos laborais nunha explotación de gando vacún.
Seleccionáronse aquelas enfermidades profesionais máis representativas pola súa frecuencia e, a partir da investigación que realizaron os técnicos do Issga, sintetizouse a información máis relevante en catro epígrafes: a descrición da actividade, da enfermidade profesional, das súas causas e das accións correctoras e medidas preventivas que se deben adoptar. Os textos orixinais foron adaptados co obxecto de cumprir a súa finalidade didáctica.
Selección dos 19 accidentes laborais máis representativos no sector agrario pola súa frecuencia ou gravidade ao tempo que se tivo en conta a investigación que realizaron os técnicos do ISSGA. Cada ficha conta con catro epígrafes: a descrición da actividade, do accidente de traballo, as súas causas e as medidas preventivas que se deberon adoptar para evitar o accidente.
Os conceptos e valores incluídos neste documento son o resultado dunha avaliación crítica dos valores límite de exposición profesional establecidos polas entidades máis relevantes e prestixiosas na materia, tendo en conta, fundamentalmente, a fiabilidade dos datos utilizados para o establecemento de cada un deles e a súa data de actualización.