Publicacións

Medidas para minimizar o risco de transmisión do SARS-COV-2 por aerosois


Minimizar a transmisión da COVID-19 a partir de aerosois non implica a necesidade de adoptar medidas de prevención complexas moi diferentes ás xa recomendadas, pero si reforzalas e incorporar algunhas novas para evitar o contaxio, en especial nos espazos interiores. No seguinte documento recóllense as máis importantes.

Elaboración do Plan de Continxencia fronte ao coronavirus


Nestes documentos, guía e cartel, recóllense orientacións para a elaboración dun Plan de Continxencia co obxecto de dispoñer dun instrumento de xestión para planificar a adopción das medidas necesarias que contribúan a eliminar ou minimizar no posible a incidencia da emerxencia ocasionada polo risco comunitario que supón a pandemia provocada pola COVID-19 (SARS-Cov-2) no ámbito laboral.

A túa vida, sen voltas


Esta campaña, realizada polo ISSGA en colaboración co Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo, promove o uso seguro do tractor nos sectores agrario e forestal.

Documentos da campaña: folleto técnico, tríptico, cartel técnico e cartel divulgativo.

Guía de recomendacións preventivas de saúde laboral ante o coronavirus nos MERCADOS DE VENDA NON SEDENTARIA


En base á información e ás recomendacións da autoridade sanitaria, elabóranse estas recomendacións preventivas de saúde laboral ante o coronavirus nos mercados de venda non sedentaria que ten como finalidade orientar as actuacións necesarias na fase de reactivación da súa actividade para garantir a saúde das persoas traballadoras.