Medidas para minimizar o risco de transmisión do SARS-COV-2 por aerosois


No momento actual considérase demostrada a transmisión a partir de aerosois. Os aerosois son as pingas respiratorias de menor tamaño (< 100 micras) que tamén son emitidas polas persoas infectadas e que quedan suspendidas no aire por un tempo elevado (dende segundos ata horas). Estas poden ser inhaladas a distancias superiores a 2 metros da persoa infectada e incluso en ausencia da persoa que as emitiu.

En xeral o risco de transmisión por bioaerosois aumenta na distancia curta, en contornas pechadas e concorridas, especialmente mal ventiladas, e cando se realizan actividades que aumentan a xeración de aerosois como facer exercicio físico, fallar alto, gritar ou cantar.

Segundo o exposto, minimizar a transmisión da COVID-19 a partir de aerosois non implica a necesidade de adoptar medidas de prevención complexas moi diferentes ás xa recomendadas, pero si reforzalas e incorporar algunhas novas para evitar o contaxio, en especial nos espazos interiores. No seguinte documento recóllense as máis importantes.