Recomendacións preventivas ante o coronavirus nas xuntas das comunidades de propietarios


O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA) no exercicio das súas funcións de asesoramento técnico, información e divulgación en materia de prevención de riscos laborais, elabora esta “Guía de recomendacións preventivas ante o coronavirus”, no contexto actual tras o levantamento das medidas derivadas do estado de alarma como consecuencia da pandemia provocada pola COVID-19.

O obxectivo deste documento é dar pautas e recomendacións preventivas para minimizar o risco de contaxio e propagación do virus, co fin de garantir a protección da saúde das persoas traballadoras e usuarias durante o desenvolvemento das xuntas das comunidades de propietarios segundo as indicacións das autoridades sanitarias. Debe ser a base para elaborar un protocolo que recolla as medidas específicas que se deban adoptar en función das características de cada comunidade de propietarios.

Descargas