Prevención e saúde laboral nos servizos e producións de eventos e espectáculos ante o coronavirus


Documento no que se recollen as recomendacións preventivas básicas que se deben ter en conta nas montaxes audiovisuais de eventos en recintos estables ou temporais segundo as informacións das autoridades sanitarias sobre o Coronavirus.

Este asesoramento técnico do ISSGA préstase a solicitude e en colaboración coa Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM) e a Asociación de Empresas Tecnolóxicas e Servizos Audiovisuais de Galicia (AGATEC) e debe enmarcarse como documento en continua actualización e á espera das guías ou protocolos que ao efecto se poidan deseñar no plan integral para la reactivación do sector turístico pola Consellería de Cultura e Turismo, a Secretaría Xeral de Estado de Turismo, o Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE) e as autoridades sanitarias.