Prevención e saúde laboral nas gravacións de contidos audiovisuais ante o coronavirus


Documento no que se recollen recomendacións preventivas básicas que se deben ter en conta nas gravacións de contidos audiovisuais segundo as informacións das autoridades sanitarias sobre o coronavirus.

Este asesoramento técnico do ISSGA préstase a solicitude e en colaboración co Clúster Audiovisual Galego e debe enmarcarse como documento en continua actualización e debe revisarse se se publican recomendacións que afecten o contido deste documento polas autoridades sanitarias e as autoridades competentes nesta materia tanto a nivel nacional como autonómico.