Guía de inspección de equipos eléctricos en zonas clasificadas con risco de explosión


O obxectivo desta guía é aclarar ao usuario das instalacións todo o concernente a estas inspeccións iniciais e periódicas desde o punto de vista das Normas UNE EN que aparecen no REBT e que, por tanto, non son consellos de como realizar unha inspección, senón obrigacións que terá moi presentes xa que en caso contrario, podería supoñer un incumprimento da normativa tanto industrial como de prevención de riscos laborais.

Esta publicación xorde  no marco da colaboración entre o Issga e Fremap para a elaboración e divulgación de documentos relacionados coa prevención de riscos laborais.