Normativa

Habilitación de persoal técnico para o exercicio de actuacións comprobatorias das condicións de seguridade e saúde nas empresas e centros de traballo.


A Lei 54/2003, do 12 de decembro, de reforma do marco normativo da prevención dos riscos laborais, na procura do reforzamento das funcións de control público no cumprimento das obrigas preventivas en materia de seguridade e saúde laboral, procedeu a actualizar a colaboración coa inspección de Traballo e Seguridade Social por parte dos funcionarios técnicos de dependencia autonómica.

A Lei 54/2003, vén ampliar/outorgar ao persoal funcionario das comunidades autónomas que exerza labores técnicos na materia de prevención de riscos laborais a facultade de realizar funcións de asesoramento, información e comprobación das condicións materiais e técnicas de seguridade e saúde nas empresas e centros de traballo coa capacidade de requerimento de emenda das deficiencias observadas, requirimento cuxo incumprimento pode dar lugar á práctica de acta de infracción pola Inspección de Traballo e Seguridade Social.