
Esta orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras e as condicións por que se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, tanto a convocatoria pública como a execución das axudas destinadas a accións de fomento da prevención de riscos laborais en Galicia, correspondentes ao exercicio de 2015, xestionadas pola Consellería de Traballo e Benestar a través da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social.
Lei 35/2014, de 26 de decembro, pola que se modifica o texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social en relación co réxime xurídico das Mutuas de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais da Seguridade Social.
Real Decreto 1084/2014, de 19 de decembro, polo que se modifica o Real Decreto 67/2010, de 29 de xaneiro, de adaptación da lexislación de Prevención de Riscos Laborais á Administración Xeral do Estado.
Convócase a proba específica de validación para profesionais sen formación preventiva especializada que desexen inscribirse no Rexistro de coordinadores e coordinadoras en materia de seguridade e saúde nas obras de construción.