Relatorios da xornada técnica “A xestión interdisciplinar da enfermidade profesional” no Centro Issga da Coruña


O 18 de outubro de 2017 tivo lugar no Centro Issga da Coruña a xornada técnica “A xestión interdisciplinar da enfermidade profesional”.

A documentación dispoñible para a súa descarga foi cedida por:

  • Concepto de enfermidade profesional e accidente de traballo. Xestión de casos pola mutua. Cadro e parte de enfermidades profesionais. Cambio de posto de traballo. Art. 156 e 157 LGSS

Enrique Martínez Llorente. Responsable de enfermidades profesionais da Dirección de Prestacións de Asepeyo

  • Actuacións da administración ante a declaración dunha enfermidade profesional. Obrigas do empresario. Criterios de actuación nas empresas por ITSS. Consecuencias

Mª Encina Santamarina Durán. Xefa da Unidade Especializada de Seguridade e Saúde Laboral da Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social da Coruña

  • Xestión sanitaria da enfermidade profesional na mutua Asepeyo

Dulce Puget Bosch. Directora de Enfermidades Profesionais da Dirección de Asistencia Sanitaria de Asepeyo

  • A prevención das enfermidades profesionais. Estatísticas. Actuacións en prevención: estudos de postos de traballo e informe de recomendacións

Santos Huertas Ríos. Director da Área de Axentes Químicos da Dirección de Prevención de Asepeyo

  • Actuación do INSS ante os casos de enfermidade profesional

Margarita Pérez Sánchez. Subdirectora Provincial de Incapacidade. Dirección Provincial do INSS A Coruña

  • Actuacións ante a declaración dunha enfermidade profesional. As enfermidades profesionais en Galicia

Nieves Lorenzo Espeso. Xefa do Equipo Técnico de Medicina Laboral do Centro Issga da Coruña