
Este asesoramento técnico do ISSGA préstase a solicitude e en colaboración coa Federación Galega de Bandas de Música Populares e debe enmarcarse como documento en continua actualización.
O 5 de abril de 2019 tivo lugar no Centro Issga da Coruña o foro técnico “O formaldehido e a súa toxicidade", en colaboración con MCMutual.
A documentación dispoñible para a súa descarga foi cedida por:
O 28 de novembro de 2018 tivo lugar no Centro Issga de Lugo a xornada técnica “Seguridade e cualificación para o manexo de maquinaria de construción“.
A documentación dispoñible para a súa descarga foi cedida por:
O 27 e 28 de setembro de 2018 tivo lugar nos centros Issga da Coruña e Pontevedra a xornada técnica “Liderado en prevención de riscos laborais“.
A documentación dispoñible para a súa descarga foi cedida por:
Real Decreto 860/2018, do 13 de xullo, polo que se regulan as actividades preventivas da acción protectora da Seguridade Social a realizar polas mutuas colaboradoras coa Seguridade Social.
O estudo da accidentabilidade mortal das persoas traballadoras en Galicia ofrece información imprescindible para caracterizar os accidentes mortais acontecidos durante os últimos anos, o que permitirá deseñar e impulsar medidas específicas co fin de reducir a sinistralidade laboral e á súa vez, dar respostas e asesoramento efectivo e eficiente, tanto ás persoas traballadoras como aos empresarios galegos, para poder xestionar a prevención de riscos laborais de forma adaptada á realidade do noso territorio.
Neste estudo, mediante a análise dun conxunto de variables seleccionadas, coas cales se desagregan os datos dos accidentes laborais notificados, búscanse as posibles diferenzas da sinistralidade do persoal traballador dependendo da súa idade e especificamente naqueles de 55 anos e maiores.
Para a realización deste estudo utilizáronse os accidentes de traballo con baixa entre os anos 2012 e 2016 descartando os accidentes ocorridos in itinere, dividíndoos en dous grandes grupos:
O obxecto deste convenio é a participación nas actividades da EGAP do persoal dependente do ISSGA, así como a elaboración e o desenvolvemento conxunto de actividades de carácter formativo, divulgador e investigador en materias da competencia das institucións asinantes daquel; actuando de forma máis eficaz e eficiente na utilización dos medios humanos, materiais e organizativos de cada unha delas, para un mellor cumprimento dos fins de ambas as dúas partes, en beneficio da cidadanía e da sociedade galega.
O obxecto deste convenio é articular a colaboración do ISSGA coa Universidade da Coruña na realización de prácticas académicas externas do alumnado do Mestrado Universitario en Prevención de Riscos Laborais, para facilitar a súa preparación para o exercicio profesional en áreas operativas do instituto relacionadas coa súa formación universitaria e as posibles saídas profesionais dende os estudos cursados na universidade.
El objeto de este convenio es la participación en las actividades de la EGAP del personal dependiente del ISSGA, así como la colaboración y el desarrollo conjunto de actividades de carácter formativo, divulgador e investigador en materias de la competencia de las instituciones firmantes del mismo, actuando de forma más eficaz y eficiente en la utilización de los medios humanos, materiales y organizativos de cada una de ellas, para un mejor cumplimiento de los fines de ambas partes, en beneficio de la ciudadanía y de la sociedad gallega