Convenios

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) e a Cámara Oficial Mineira de Galicia para o intercambio de datos en materia de seguridade mineira.


O obxecto do presente convenio é regular a colaboración entre o ISSGA e a Cámara para intercambiar datos e informes en materia de riscos laborais nas explotacións mineiras galegas.

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) e a Fundación Laboral da Contrución (FLC) para o asesoramento e asistencia técnica en materia de prevención de riscos laborais no sector da construción


O presente Convenio ten como obxecto o establecer canles de colaboración para o desenvolvemento de actividades de asesoramento e asistencia técnica en materia de Prevención de Riscos Laborais, dirixidas tanto a empresas como traballadores que desempeñan a súa profesión ou oficio dentro do sector da construción ou de sectores afíns ao mesmo, incluídos no marco normativo do IV Convenio Colectivo Xeral do Sector da Construción.

Este Convenio será de aplicación no ámbito xeográfico da Comunidade Autónoma de Galicia.

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Instituto de Saúde Carlos III, o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral e as mútuas de accidentes de traballo e enfermidades profesionais da Seguridade Social "universal", "FREMAP" e "Galega de accidentes de traballo" para a constitución e acreditación dunha unidade docente na Comunidade Autónoma de Galicia coa finalidade de formar médicos especialistas en medicina do traballo a efectos de dar cumprimento ao disposto no Real Decreto 183/2008 de 8 de Febreiro


Constitución dunha Unidade Docente multiprofesional de Saúde Laboral para impartir o programa oficial da especialidade de Medicina do Traballo polo sistema de residencia, previa acreditación de dita unidade polo Ministerio de Sanidade y Consumo. Aos efectos do previsto no capítulo III do Real Decreto 183/2008, constituiase unha Comisión de Docencia da Unidade Docente pola especial natureza da mesma.