Convenios

Convenio de cooperación educativa entre o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral e a Universidade de Vigo, para a realización de prácticas académicas externas do alumnado do mestrado universitario en prevención de riscos laborais


O obxecto deste convenio é articular a colaboración do ISSGA coa Universidade de Vigo na realización de prácticas académicas externas do alumnado do Mestrado Universitario en Prevención de Riscos Laborais, para facilitar a súa preparación para o exercicio profesional en áreas operativas do instituto relacionadas coa súa formación universitaria e as posibles saídas profesionais dende os estudos cursados na universidade.

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral e a Consellería de Sanidade para o intercambio de datos de accidentes de traballo para desenvolver o programa de detección de terceiros obrigados ao pagamento na asistencia sanitaria dispensada no Servizo Público de Saúde


O presente convenio ten por obxecto establecer as condicións, requisitos e procedementos polos que se debe rexer a cesión de datos en materia de accidentes de traballo entre o ISSGA e a Consellería de Sanidade, para desenvolver esta última o Programa de detección de terceiros obrigados ao pagamento na asistencia sanitaria dispensada no Servizo Público de Saúde, en concreto o Subprograma específico de detección de asistencia sanitaria facturable ás Mutuas Colaboradoras coa Seguridade Social, así como a outros terceiros obrigados ao pagamento, preservando en todo caso os dereitos das persoas ás que se refira a información.

Convenio de cooperación educativa entre o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral e a Universidade de Vigo, para a realización de prácticas académicas externas do alumnado do mestrado universitario en prevención de riscos laborais


O obxecto deste convenio é articular a colaboración do ISSGA coa Universidade de Vigo na realización de prácticas académicas externas do alumnado do Mestrado Universitario en Prevención de Riscos Laborais, para facilitar a súa preparación para o exercicio profesional en áreas operativas do instituto relacionadas coa súa formación universitaria e as posibles saídas profesionais dende os estudos cursados na universidade.

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) e a Fundación Laboral da Construción (FLC) para o recoñecemento da formación preventiva impartida polo ISSGA para os efectos da obtención da tarxeta profesional da construción (TPC)


O obxecto deste convenio entre o ISSGA e a Fundación Laboral da Construción é o recoñecemento da formación impartida polo ISSGA e recollida no Libro II do vixente Convenio Xeral do Sector da Construción para os efectos do seu recoñecemento para a obtención da tarxeta profesional da construción (TPC).