Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) e a Cámara Oficial Mineira de Galicia para o intercambio de datos en materia de seguridade mineira.


O obxecto do presente convenio é regular a colaboración entre o ISSGA e a Cámara para intercambiar datos e informes en materia de riscos laborais nas explotacións mineiras galegas.

TIPO: Convenio

DATA SINATURA: 24/03/2011

VIXENTE: O presente convenio entrará en vigor o día seguinte ao da súa firma e estenderá a súa vixencia ata o 31 de decembro de 2011, quedando ao seu termo prorrogado por períodos sucesivos anuais, sempre que non medie denuncia dalgunha das partes, formulada de forma fidedigna con seis meses de antelación, ou se dea por terminado en calquera momento por mutuo acordo entre as partes, previa comunicación polo menos cun mes de antelación, ou por causa de forza maior.