Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) e a Fundación Laboral da Contrución (FLC) para o asesoramento e asistencia técnica en materia de prevención de riscos laborais no sector da construción


O presente Convenio ten como obxecto o establecer canles de colaboración para o desenvolvemento de actividades de asesoramento e asistencia técnica en materia de Prevención de Riscos Laborais, dirixidas tanto a empresas como traballadores que desempeñan a súa profesión ou oficio dentro do sector da construción ou de sectores afíns ao mesmo, incluídos no marco normativo do IV Convenio Colectivo Xeral do Sector da Construción.

Este Convenio será de aplicación no ámbito xeográfico da Comunidade Autónoma de Galicia

Coa finalidade de achegarse á realidade actual e de fomentar a prevención de riscos laborais no sector da construción, o ISSGA e a Fundación Laboral da Construcción pretenden colaborar activamente desenvolvendo plans de acción tendentes a conseguir unha mellora das condicións de traballo en devandito sector, que redunde nunha diminución progresiva dos índices de sinistralidade laboral no noso ámbito territorial.

Neste contexto, as principais liñas de colaboración entre o ISSGA e a Fundación Laboral da Construción que se inician a través do presente Convenio están dirixidas, fundamentalmente, a:

- Realización de visitas de asesoramento ás empresas e aos centros de traballo co fin de informar sobre as condicións de seguridade e saúde laboral existentes nos mesmos.

- Deseño e planificación de campañas informativas para a prevención de riscos laborais no sector da construción.

- Realización de xornadas técnicas, seminarios e cursos, para difundir e informar acerca da normativa e os aspectos máis relevantes da seguridade e saúde incluídos nas obras de construción así como no vixente IV Convenio Colectivo Xeral do Sector da Construción.

- Deseño e desenvolvemento de ferramentas informáticas que permitan o tratamento de datos e a obtención de resultados de cara á redución dos índices de sinistralidade laboral.

- Levar a cabo calquera outra actividade que se considere conveniente en relación co fomento da prevención de riscos laborais no sector da construción.

TIPO : Convenio de colaboración
DATA SINATURA : 11/02/2009
VIXENCIA : Ata 31/12/2009. O Convenio se prorrogará de xeito automático por períodos anuais salvo denuncia expresa dalgunha das partes con tres meses de antelación á data de finalización do Convenio ou da súa prorroga. En tal caso, salvo convenio expreso, establécese o compromiso mutuo de realizar as actuacións necesarias para a finalización das actividades iniciadas.