Acordos

Acordo marco de colaboración entre o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) e a Cámara Oficial Mineira de Galicia para a realización e promoción de accións e estudos en materia de seguridade e saúde laboral no sector da minaría galega.


O obxecto do presente acordo marco é regular a colaboración entre o ISSGA e a Cámara Oficial Mineira de Galicia para a realización e promoción de accións e estudos en materia de seguridade mineira para avanzar na mellora das condicións de seguridade e salubridade das explotacións mineiras galegas.

Acordo marco de colaboración entre a Consellería do Mar, o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) e as Federacións de Confrarías de Pescadores de Galicia en materia de prevención de riscos laborais no sector da pesca de baixura en Galicia.


Establecer as canles de colaboración para o desenvolvemento de actividades de información e formación en prevención de riscos laborais dirixidas aos/ás traballadores/as das actividades da pesca de baixura e do marisqueo, utilizando como principal instrumento o servizo de prevención mancomunado.

Acordo marco de colaboración entre a Consellería do Medio Rural, o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) e as organizacións Xóvenes Agricultores, Unións Agrarias-UPA e o Sindicato Galego-Comisións Labregas, en materia de prevención de riscos laborais no agro galego.


Establecer as canles de colaboración para o desenvolvemento de actividades de formación e de vixilancia da saúde dirixidas aos traballadores e traballadoras das actividades do agro, da gandería e do sector forestal, co fin de mellorar as condicións de traballo deste sector.