Acordos

Acordo marco de colaboración entre o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG), para a promoción e colaboración en actuacións de prevención de riscos laborais e seguridade e saúde no traballo para o colectivo de persoas xordas de Galicia


O obxecto deste acordo entre o ISSGA e a FAXPG é o establecemento de canles de colaboración para o desenvolvemento de actividades de información e formación en prevención de riscos laborais destinadas ás persoas xordas de Galicia, así como programar, coordinar e apoiar as actividades desenvolvidas pola FAXPG, en orde á mellora das condicións de seguridade e saúde no traballo das persoas xordas, a redución dos riscos laborais, a investigación e fomento de novas formas de protección e promoción de estruturas eficaces de prevención.

Acordo marco de colaboración entre o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral e a Asociación de Profesionais de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (APROSAL), para a promoción e colaboración en actuacións de seguridade e saúde no traballo


O obxecto deste acordo entre o ISSGA e a Asociación de Profesionais de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (APROSAL) é o establecemento de canles de colaboración para o desenvolvemento de actividades de información e formación en prevención de riscos laborais, así como programar, coordinar e apoiar as actividades desenvolvidas por APROSAL, en orde á mellora das condicións de seguridade e saúde no traballo, a redución dos riscos laborais, a investigación e fomento de novas formas de protección e promoción de estruturas eficaces de prevención.

Acuerdo marco de colaboración entre el Instituto Gallego de Seguridad y Salud Laboral y la Sociedad Gallega de Prevención de Riesgos Laborales, para la promoción y colaboración en actuaciones de seguridad y salud en el trabajo


El objeto de este acuerdo entre el ISSGA y la Sociedad Gallega de Prevención de Riesgos Laborales es el establecimiento de canales de colaboración para el desarrollo de actividades de información y formación en prevención de riesgos laborales, así como programar, coordinar y apoyar las actividades desarrolladas por la SGPRL, en orden a la mejora de las condiciones de seguridad y salud en el trabajo, la reducción de los riesgos laborales, la investigación y fomento de nuevas formas de protección y promoción de estructuras eficaces de prevención.

Acordo marco de colaboración entre o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral e o Consello Galego de Colexios Veterinarios, para a promoción e colaboración en actuacións de seguridade e saúde no traballo


O obxecto deste acordo entre o ISSGA e o Consello Galego de Colexios Veterinarios  é o establecemento de canles de colaboración para o desenvolvemento de actividades de investigación e información en prevención de riscos laborais e vixilancia da saúde do colectivo profesional de veterinarios de exercicio profesional por conta propia, co fin de mellorar as condicións de traballo deste sector, así como apoiar as actividades desenvolvidas polo CGCV en orde á mellora das condicións de seguridade e saúde no traballo, a redución dos riscos laborais, e a investigación e fomento de novas formas de protección persoal ou colectivas e a promoción de estruturas eficaces de prevención no colectivo profesional de veterinarios na Comunidade Autónoma de Galicia.