Acordo marco de colaboración entre o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) e a Fundación Laboral da Construción (FLC), para a promoción da prevención de riscos laborais mediante accións de formación, información, asesoramento e asistencia técnica no sector da construción


O presente acordo ten como obxecto o establecemento de canles de colaboración para o desenvolvemento conxunto de actividades de formación e información, de asesoramento e de asistencia técnica en materia de prevención de riscos laborais, dirixidas tanto a empresas como a traballadores e traballadoras que desempeñan a súa profesión ou oficio dentro do sector da construción ou de sectores afíns ao mesmo, incluídos no marco normativo do Convenio Colectivo Xeral do Sector da Construción, en orde á mellora das condicións de seguridade e saúde no traballo neste sector, a redución dos riscos laborais, a investigación e fomento de novas formas de protección e a promoción de estruturas eficaces de prevención.

Neste eido, as principais liñas de colaboración entre o ISSGA e a FLC, que se inician a través do presente acordo marco, están dirixidas, fundamentalmente, a:

- Realización de visitas de asesoramento ás empresas e aos centros de traballo co fin de informar sobre as condicións de seguridade e saúde laboral existentes nos mesmos.

- Deseño e planificación de campañas informativas para a prevención de riscos laborais no sector da construción.

- Realización de xornadas técnicas, seminarios e cursos, para difundir e informar acerca da normativa e os aspectos máis relevantes da seguridade e saúde incluídos nas obras de construción así como no vixente Convenio Colectivo Xeral do Sector da Construción.

-  Deseño e desenvolvemento de ferramentas informáticas que permitan o tratamento de datos e a obtención de resultados de cara á redución dos índices de sinistralidade laboral.

- Promoción da integración da prevención de riscos laborais nas empresas do sector da construción e afíns a través das ferramentas e servizos que a FLC pon a disposición de empresas e traballadores e traballadoras {TPC, TPC empresas, Gesinprec, etc).

- Posta a disposición como recurso formativo dos Centros de Prácticas Preventivas (simuladores de riscos) que a FLC posúe en Galicia para as actividades que poida organizar o ISSGA.

- Elaboración de materiais divulgativos e didácticos .

- Levar a cabo calquera outra actividade que se considere conveniente en relación co fomento da prevención de riscos laborais no sector da construción.

 

Tipo: Acordo marco de colaboración

Data sinatura: 29/08/2016

Vixencia: O presente acordo marco estenderá a súa vixencia desde a data da sinatura polas dúas partes ata o 31 de decembro de 2016, prorrogándose tácitamente por anualidades naturais, salvo denuncia de calquera das partes antes do seu termo, ou do termo de cada unha das prórrogas.