Acordo marco de colaboración entre o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) e o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG), para a promoción e colaboración en actuacións de seguridade e saúde no traballo


O obxecto deste acordo entre o ISSGA e o COPG é o establecemento de canles de colaboración para o desenvolvemento de actividades de información e formación en prevención de riscos laborais, así como programar, coordinar e apoiar as actividades desenvolvidas polo COPG, en orde á mellora das condicións de seguridade e saúde no traballo, a redución dos riscos laborais, a investigación e fomento de novas formas de protección e promoción de estruturas eficaces de prevención.

As modalidades de colaboración poderán consistir en:

a)    A realización de accións de concienciación e difusión en materia de prevención de riscos laborais.

b)    O intercambio de información en materia de seguridade e saúde laboral cando esta revista especial interese para a prevención de riscos laborais.

c)    A cooperación e asesoramento mutuo mediante a achega dos coñecementos e experiencia técnicos.

d)    A elaboración de materiais divulgativos e didácticos relacionados coa difusión e promoción da prevención dos riscos laborais.

e)    A promoción da actividade investigadora de ambas as dúas institucións no estudo ou avaliación de calquera problema relacionado coa seguridade e saúde dos traballadores.

f)     Cantas outras sexan consideradas de interese común, dentro da competencia e disponibilidade das partes, en relación á actividade obxeto deste acordo.

Tipo: Acordo marco de colaboración

Data sinatura: 10/06/2015

Vixencia: O presente acordo marco estenderá a súa vixencia desde a data da sinatura por todas as partes ata o 31 de decembro de 2015, prorrogándose tácitamente por anualidades naturais, salvo denuncia de calquera das partes antes do seu termo, ou do termo de cada unha das prórrogas.