Acordo marco de colaboración entre a Universidade de Vigo e o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral para o desenvolvemento de actividades de formación, investigación e divulgación en materia de prevención de riscos laborais.


Acordo marco de colaboración entre a Universidade de Vigo e o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral para o desenvolvemento de actividades de formación, investigación e divulgación en materia de prevención de riscos laborais.
-          Obxecto/finalidade: O obxecto deste acordo é o establecemento dun marco de actuación para a colaboración entre a Universidade de Vigo e o ISSGA en actividades comprendidas no eido da seguridade e saúde laborais, mellora das condicións de traballo e prevención de riscos laborais, mediante a achega da experiencia e coñecementos técnicos de ambas as dúas entidades. O propósito de ambas entidades é realizar actividades e proxectos de forma conxunta nos asuntos que afecten á seguridade e saúde laboral, entre os cales, en forma enunciativa, se enumeran os seguintes:
·         A colaboración no desenvolvemento de actividades académicas, científicas ou doutra índole en materia de prevención de riscos laborais.
·         A cooperación na divulgación e difusión da cultura preventiva, así como nas accións de formación derivadas daquelas.
·         A realización de accións de concienciación e difusión en materia de prevención de riscos laborais.
·         mantemento dunha información compartida, constante e actualizada, do estado e evolución das condicións de seguridade e saúde no traballo.
·         A proposición de recomendacións, solucións preventivas e elementos de divulgación e apoio técnico preventivo.
·         intercambio de información en materia de seguridade e saúde laboral cando esta revista especial interese para a prevención de riscos laborais.
·         A cooperación e o asesoramento mutuo mediante a achega dos coñecementos e experiencias técnicas en cuestións relacionadas coas actividades que as dúas entidades decidan desenvolver en materia de seguridade e saúde laboral.
·         A participación en actividades, proxectos e programas de investigación e desenvolvemento.
·         A colaboración na edición conxunta de publicacións e documentos de traballo que de común acordo se decida desenvolver no eido da prevención de riscos laborais e saúde laboral.
·         A participación en actividades de promoción da cultura da prevención e de difusión de boas prácticas, especialmente aquelas que utilicen as novas tecnoloxías da comunicación e a información.
·         Cantas outras sexan consideradas de interese mutuo, dentro das dispoñibilidades das partes e do ámbito das actividades que constitúen o obxecto do presente acordo marco.
-          Tipo: Acordo marco de colaboración
-          Data sinatura: 03/07/2012.
-          Vixencia: O presente acordo marco estenderá a súa vixencia dende a data da sinatura por todas as partes ata o 31 de decembro do 2014, data de vixencia do Plan Estratéxico para a prevención de riscos laborais en Galicia 2011-2014, sempre que non se dea por terminado en calquera momento por calquera das causas previstas na cláusula décima.