Acordos

Acordo marco de colaboración entre a Consellería do Mar, o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) e as Federacións de Confrarías de Pescadores de Galicia en materia de prevención de riscos laborais no sector da pesca de baixura en Galicia.


Establecer as canles de colaboración para o desenvolvemento de actividades de información e formación en prevención de riscos laborais dirixidas aos/ás traballadores/as das actividades da pesca de baixura e do marisqueo, utilizando como principal instrumento o servizo de prevención mancomunado.

Acordo marco de colaboración entre a Consellería do Medio Rural, o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) e as organizacións Xóvenes Agricultores, Unións Agrarias-UPA e o Sindicato Galego-Comisións Labregas, en materia de prevención de riscos laborais no agro galego.


Establecer as canles de colaboración para o desenvolvemento de actividades de formación e de vixilancia da saúde dirixidas aos traballadores e traballadoras das actividades do agro, da gandería e do sector forestal, co fin de mellorar as condicións de traballo deste sector.

Acordo marco de cooperación entre o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) e Gas Natural Unión Fenosa en materia de formación de riesgo eléctrico


É obxecto do presente acordo establecer un marco global de cooperación entre o ISSGA e GAS NATURAL FENOSA para realizar actividades e proxectos no ámbito da formación e información, en especial sobre risco eléctrico, e regular a ordenación de cantas accións se vaian producindo no desenvolvemento daquelas.

Acordo marco de cooperación entre o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) e o Centro Tecnolóxico do Mar - Fundación Cetmar.


Establecer un marco global de colaboración entre o ISSGA e CETMAR, en reflexo do propio interese que as partes, conforme reflicten os expositivos precedentes, manifestas e regular a ordenación de cantas accións, en desenvolvemento deste, se vaian producindo.