Acordos

Acordo entre a Dirección Xeral de Ordenación da Seguridade Social e o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral, referido ao sistema CEPROSS e a cesión de datos contidos no modelo de parte de enfermidade profesional


O Acordo ten por obxecto fixar as condicións e termos da colaboración entre a Dirección Xeral de Ordenación da Seguridade Social e o ISSGA para facilitar:

. O acceso de dito Instituto á aplicación CEPROSS.
. A cesión de datos contidos no modelo de parte de enfermidade profesional.
 

Acordo marco de colaboración entre a Universidade da Coruña e o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral para o desenvolvemento de actividades de formación, investigación e divulgación en materia de prevención de riscos laborais


O obxecto deste acordo é o establecemento dun marco de actuación para a colaboración entre a UDC e o ISSGA en actividades comprendidas no eido da seguridade e saúde laborais, mellora das condicións de traballo e prevención de riscos laborais, mediante a achega da experiencia e coñecementos técnicos de ambas as dúas entidades.

Acordo marco de colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) para o desenvolvemento de actividades de formación e divulgación en materia de prevención de riscos laborais


O obxecto deste acordo é o establecemento dun marco de actuación para a colaboración entre a USC e o ISSGA en actividades comprendidas no eido da seguridade e saúde laborais, mellora das condicións de traballo e prevención de riscos laborais.

Acordo marco de colaboración entre o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) e a Cámara Oficial Mineira de Galicia para a realización e promoción de accións e estudos en materia de seguridade e saúde laboral no sector da minaría galega.


O obxecto do presente acordo marco é regular a colaboración entre o ISSGA e a Cámara Oficial Mineira de Galicia para a realización e promoción de accións e estudos en materia de seguridade mineira para avanzar na mellora das condicións de seguridade e salubridade das explotacións mineiras galegas.