Acordos

Acordo marco de colaboración entre o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral e a Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo, Sociedade Cooperativa Galega (ARVI) en materia de prevención de riscos laborais no sector da pesca litoral, altura e gran altura


O obxecto deste acordo entre o ISSGA e ARVI é o establecemento de canles de colaboración para o desenvolvemento de actividades de información e formación en prevención de riscos laborais dirixidas aos traballadores e traballadoras das actividades da pesca litoral, altura e gran altura, utilizando como principal instrumento o servizo de prevención mancomunado, por ser o órgano de asesoramento na materia que se configura como o instrumento idóneo para a promoción da prevención, e que ten como fin a mellora das condicións de vida e traballo das tripulacións e dos outros traballadores que realicen a súa actividade en terra. Farase especial fincapé nas actividades de coordinación de actividades preventivas.

Acordo marco de colaboración entre o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral e o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, para a promoción e colaboración en actuacións de seguridade e saúde no traballo


O obxecto deste acordo entre o ISSGA e o COPG é o establecemento de canles de colaboración para o desenvolvemento de actividades de información e formación en prevención de riscos laborais, así como programar, coordinar e apoiar as actividades desenvolvidas polo COPG, en orde á mellora das condicións de seguridade e saúde no traballo, a redución dos riscos laborais, a investigación e fomento de novas formas de protección e promoción de estruturas eficaces de prevención.

Acordo marco de colaboración entre e o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) e a Federación Galega de Municipios e Provincias para o desenvolvemento de actividades de formación e información en materia de prevención de riscos laborais e seguridade e saúde no traballo


O obxecto deste acordo entre o ISSGA e a FEGAMP é o establecemento de canles de colaboración para o desenvolvemento de actividades de información e formación en prevención de riscos laborais no ámbito da administración local, así como calquera outra actividade desenvolvida en orde á mellora das condicións de seguridade e saúde no traballo, a redución dos riscos laborais, a investigación e fomento de novas formas de protección e promoción de estruturas eficaces de prevención.

Acordo marco de colaboración entre o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral e a Academia Galega de Seguridade Pública, para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación


O obxecto do presente acordo marco entre o ISSGA e a AGASP, é, respectivamente, a colaboración nas actividades docentes do ISSGA do persoal dependente da AGASP, e a colaboración nas actividades docentes da AGASP do persoal dependente do ISSGA, así como a participación e o desenvolvemento conxunto de actividades de carácter formativo, divulgador e investigador en materias da competencia das institucións asinantes do mesmo, actuando de forma máis eficaz e eficiente na utilización dos medios humanos, materiais e organizacionais de cada unha delas, para un mellor cumprimento dos fins de ambas as dúas partes, todo isto en beneficio da cidadanía e da sociedade galega.