Acordos

Acordo marco de colaboración entre o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral e a Universidade de Santiago de Compostela, para o desenvolvemento de actividades de formación, investigación e divulgación en materia de prevención de riscos laborais e seguridade e saúde laboral


O obxecto deste acordo entre o ISSGA e a Universidade de Santiago de Compostela é o establecemento dun marco de colaboración para o desenvolvemento de actuacións de formación, divulgación e investigación en materia de prevención de riscos laborais e seguridade e saúde laboral, en orde á mellora das condicións de seguridade e saúde no traballo, a redución dos riscos laborais, a investigación e o fomento de novas formas de protección e promoción de estruturas eficaces de prevención.

Acordo marco de colaboración entre o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) e a Fundación Laboral da Construción (FLC), para a promoción da prevención de riscos laborais mediante accións de formación, información, asesoramento e asistencia técnica no sector da construción


O presente acordo ten como obxecto o establecemento de canles de colaboración para o desenvolvemento conxunto de actividades de formación e información, de asesoramento e de asistencia técnica en materia de prevención de riscos laborais, dirixidas tanto a empresas como a traballadores e traballadoras que desempeñan a súa profesión ou oficio dentro do sector da construción ou de sectores afíns ao mesmo, incluídos no marco normativo do Convenio Colectivo Xeral do Sector da Construción, en orde á mellora das condicións de seguridade e saúde no traballo neste sector, a redución dos riscos laborais, a investigación e fomento de novas formas de protección e a promoción de estruturas eficaces de prevención.

Acordo marco de colaboración entre o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) e o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG), para a promoción e colaboración en actuacións de seguridade e saúde no traballo


O obxecto deste acordo entre o ISSGA e o COPG é o establecemento de canles de colaboración para o desenvolvemento de actividades de información e formación en prevención de riscos laborais, así como programar, coordinar e apoiar as actividades desenvolvidas polo COPG, en orde á mellora das condicións de seguridade e saúde no traballo, a redución dos riscos laborais, a investigación e fomento de novas formas de protección e promoción de estruturas eficaces de prevención.

Acordo marco de colaboración entre a Universidade de Vigo e o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral para o desenvolvemento de actividades de formación, investigación e divulgación en materia de prevención de riscos laborais.


O obxecto deste acordo marco é a colaboración no desenvolvemento de actividades de formación, investigación e divulgación en materia de prevención de riscos laborais. En concreto, fomentará a colaboración en actividades comprendidas no eido da seguridade e saúde laborais; así como na mellora das condicións de traballo e prevención de riscos laborais (PRL), mediante a achega da experiencia e coñecementos técnicos de ambas as dúas entidades.Trátase dun acordo xeral que servirá de marco para inscribir posteriormente máis colaboracións en eidos de actuación máis concretos.