Publicacións

Alerta Issga_Recomendacións preventivas de actuación en traballos forestais_Vespa velutina


O documento está dividido en tres partes e recolle as actuacións básicas que se deben ter en conta na planificación das tarefas tanto antes de empezar os traballo, como se se atopa un niño de velutina como, por último, no caso de ataque das vespas velutinas.

 

Material formativo

Relatorios da xornada técnica “Seguridade e cualificación para o manexo de maquinaria de construción” no Centro Issga de Lugo


O 28 de novembro de 2018 tivo lugar no Centro Issga de Lugo a xornada técnica “Seguridade e cualificación para o manexo de maquinaria de construción“.

A documentación dispoñible para a súa descarga foi cedida por:

Relatorios da xornada técnica “Liderado en prevención de riscos laborais” nos Centros Issga da Coruña e Pontevedra


O 27 e 28 de setembro de 2018 tivo lugar nos centros Issga da Coruña e Pontevedra a xornada técnica “Liderado en prevención de riscos laborais“.

A documentación dispoñible para a súa descarga foi cedida por:

Relatorios da xornada técnica “Novas experiencias de integración da PRL. Seguridade baseada no comportamento (SBC)” no Centro Issga da Coruña


O 7 de xuño tivo lugar no Centro Issga da Coruña a xornada técnica “Novas experiencias de integración da PRL. Seguridade baseada no comportamento (SBC)“.

A documentación dispoñible para a súa descarga foi cedida por:

Normativa

Real Decreto 860/2018, do 13 de xullo, polo que se regulan as actividades preventivas da acción protectora da Seguridade Social a realizar polas mutuas colaboradoras coa Seguridade Social


Real Decreto 860/2018, do 13 de xullo, polo que se regulan as actividades preventivas da acción protectora da Seguridade Social a realizar polas mutuas colaboradoras coa Seguridade Social.

Estudos

Enfermidades profesionais en sectores feminizados anos 2009-2014


Como complemento ao estudo realizado sobre os accidentes laborais nos sectores produtivos feminizados en Galicia: Análise da sinistralidade en sectores feminizados-2011, realízase este traballo orientado ás enfermidades laborais naqueles sectores económicos con predominio das mulleres no persoal laboral.

Este estudo foi realizado por Manuel Armada Oya, xefe de sección de Seguridade do Issga.

Silicose


Manuel Gil Fernández, xefe do Equipo Técnico de Medicina Laboral do Centro ISSGA de Pontevedra, elaborou este estudo no que se recollen os aspectos máis importantes relacionados con esta enfermidade.

Portado do Estudo da evolución da sinestralidade laboral en Galicia, anos 2004-2013

Estudo da evolución da sinestralidade laboral en Galicia, anos 2004-2013


Dentro do Plan de actividades do Issga do ano 2015, a liña de actuación 2 que corresponde ao Observatorio galego de condicións de traballo, trata da evolución da sinestralidade laboral en Galicia. Na actuación inscríbese a publicación dun estudo sobre a sinestralidade laboral en Galicia cos datos dos accidentes nun período de dez anos. Inclúense os datos de sinistralidade laboral do periodo 2004 a 2013.

Acordos e Convenios

Convenio de cooperación educativa entre o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral e a Universidade da Coruña, para a realización de prácticas académicas externas do alumnado do mestrado universitario en prevención de riscos laborais


O obxecto deste convenio é articular a colaboración do ISSGA coa Universidade da Coruña na realización de prácticas académicas externas do alumnado do Mestrado Universitario en Prevención de Riscos Laborais, para facilitar a súa preparación para o exercicio profesional en áreas operativas do instituto relacionadas coa súa formación universitaria e as posibles saídas profesionais dende os estudos cursados na universidade.

Convenio de cooperación educativa entre o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral e a Universidade de Santiago de Compostela, para a realización de prácticas académicas externas do alumnado do mestrado universitario en prevención de riscos laborais


O obxecto deste convenio é articular a colaboración do ISSGA coa Universidade de Santiago de Compostela na realización de prácticas académicas externas do alumnado do Mestrado Universitario en Prevención de Riscos Laborais, para facilitar a súa preparación para o exercicio profesional en áreas operativas do instituto relacionadas coa súa formación universitaria e as posibles saídas profesionais dende os estudos cursados na universidade.

 

Convenio de cooperación educativa entre o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral e a Universidade de Vigo, para a realización de prácticas académicas externas do alumnado do mestrado universitario en prevención de riscos laborais


O obxecto deste convenio é articular a colaboración do ISSGA coa Universidade de Vigo na realización de prácticas académicas externas do alumnado do Mestrado Universitario en Prevención de Riscos Laborais, para facilitar a súa preparación para o exercicio profesional en áreas operativas do instituto relacionadas coa súa formación universitaria e as posibles saídas profesionais dende os estudos cursados na universidade.