Avisos

Talleres de PRL no sector forestal, sobre o manexo seguro da motoserra


Durante os meses de setembro e outubro terán lugar 6 talleres teórico-prácticos de prevención de riscos laborais no sector forestal, sobre o manexo seguro da motoserra.

Teñen unha duración de 20 horas lectivas, repartidas en cinco xornadas de 16:00 a 20:00 horas.

O obxectivo dos talleres é proporcionar unha formación específica ás persoas traballadoras e profesionais do sector en materia de prevención dos riscos laborais inherentes a estas actividades, coa finalidade de fomentar a adquisición de habilidades nesa materia así como a adquisición dunha cultura preventiva, e diminuír os accidentes laborais no sector.

Lugares:

  • Outeiro de Rei (Lugo): do 23 ao 27 de setembro
  • Riveira (A Coruña): do 30 de setembro ao 4 de outubro
  • Carballiño (Ourense): do 7 ao 11 de outubro
  • Cangas (Pontevedra): do 14 ao 18 de outubro
  • Frades (A Coruña): do 21 ao 25 de outubro
  • Cervo (Lugo): do 4 ao 8 de novembro

Solicitudes:

O prazo para presentar as solicitudes remata cinco días antes ao inicio de cada curso.

Máis información nos teléfonos 981551704 e 659515371 ou no enderezo issga.formacion@xunta.gal

 

Talleres de PRL para traballadores/as de atención directa a persoas con dependencia


Durante os meses de setembro, outubro e novembro, terán lugar 8 talleres de prevención de riscos laborais dirixidos a traballadores/as de atención directa a persoas con dependencia.
 
O obxectivo dos talleres é proporcionar unha formación específica ás persoas traballadoras e profesionais do sector en materia de prevención dos riscos laborais inherentes a estas actividades, coa finalidade de fomentar a adquisición de habilidades nesa materia así como a adquisición dunha cultura preventiva, e diminuír os accidentes laborais no sector.
 

A coordinación de seguridade e saúde na execución da obra forestal_Santiago de Compostela


Esta acción formativa, organiada polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia e na que colabora o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA), terá lugar os días  26 de outubro e 9 de novembro na sede do COETFG en Santiago de Compostela.

OBXECTIVO:

Dotar aos asistentes dos coñecementos e habilidades necesarios para desenvolver as funcións e competencias na área da coordinación de seguridade e saúde, así como trasladar as novidades tanto normativas como tecnolóxicas na materia e as directrices e recomendacións da Administración Galega para unha correcta execución.

DESTINATARIOS:

A acción está dirixida preferentemente a calquera profesional da cadea monte-industria, que ocupe un posto relacionado coa prevención de riscos laborais: técnicos de PRL, coordinadores de seguridade e saúde, recursos preventivos, ...

ALERTA en traballos en cubertas con partes traslúcidas


Nunha semana na provincia de Pontevedra aconteceron dous accidentes moi similares, un con consecuencias mortais e outro que pudo selo. En ambos os dous casos dábanse circunstancias de falta de medidas de seguridade moi similares. Os dous traballadores sufriron unha caída de altura ao pisar en zonas non resistentes dunha cuberta metálica con parte da mesma formada por pranchas plásticas translúcidas (denominadas coloquialmente uralitas translucidas).

É importante prestar especial atención aos riscos de traballar sobre cubertas de materiais lixeiros e adoptar nos devanditos traballos medidas preventivas axeitadas:

- Realizar un estudo previo e planificación dos traballos a realizar, logo de avaliación dos riscos presentes no lugar de traballo.

- Formar e informar os traballadores do risco que supón pisar sobre as zonas e superficies fráxiles

- Utilizar plataformas elevadoras móbiles de persoas (PEMP) normalizadas

Soamente cando non sexa posible a aplicación das medidas anteriores, outras posibles medidas son: 

    - Habilitar zonas de traballo e de tránsito (pasarelas) apoiadas sobre os elementos resistentes da cuberta
    -  Instalar redes de seguridade de sistema horizontal con corda perimetral como medida complementaria, para a recollida de persoas en caso de caída ou solución equivalente
    -  Instalación de liñas de vida (normalmente sobre a cumieira) ou puntos de ancoraxe para a utilización de sistemas anticaídas. Os puntos de ancoraxe dos devanditos dispositivos terán a resistencia suficiente para garantir a súa efectividade. Os mosquetóns serán de peche automático. É necesario recordar o establecido no Rd 2177/04 no que se di: " (...) tendo en conta, en particular, que deberá darse prioridade ás medidas de protección colectiva fronte ás medidas de protección individual e que a elección non poderá subordinarse a criterios económicos".

Ademais, o empresario debe cumprir o deber de coordinación en materia de prevención de riscos laborais cos propietarios das edificacións.

Pode atopar máis informacion no documento de Alerta da páxina web do Instituto Asturiano de Prevención de Riscos Laborais