Cursos de prevención de riscos laborais para o persoal traballador de ATENCIÓN DIRECTA A PERSOAS CON DEPENDENCIA E AXUDA NO FOGAR


O Issga organiza 8 cursos gratuítos de 16 horas de duración, de carácter teórico-práctico, que se distribúen en catro xornadas, co obxectivo proporcionar unha formación específica ás persoas traballadoras e profesionais do sector en materia de prevención dos riscos laborais inherentes a estas actividades, coa finalidade de fomentar a adquisición de habilidades nesa materia así como dunha cultura preventiva, e diminuír os accidentes laborais no sector

As datas e lugares de realización dos cursos son:
 

  • Malpica:  24 de setembro, 1, 8 e 15 de outubro. De 10.00 a 14:00 horas
  • Fene: 22, 27, 29 e 30 de xuño. De 16,00 a 20,00 horas
  • Saviñao: pendente.
  • Triacastela: 3, 10, 17 e 24 de setembro. De 16.00 a 20:00 horas
  • Viana do Bolo: 4 e 11 de xuño, 2 e 9 de xullo. De 09.00 a 13:00 horas
  • Monterrei: 4, 11, 18 e 25 de xuño. De 09:00 a 13:00 horas.
  • Forcarei: pendente
  • Cuntis: 6, 8, 13 e 15 de setembro. De 16:00 a 20:00 horas.

Para ter máis información e inscribirse, ver o documento que se anexa ou contactar en:

  • Teléfono: 981392209
  • Correo electrónico: direccion@gplus.es  ou issga.formacion@xunta.gal