Campaña INSST_ Plan de choque contra os accidentes mortais no traballo
O INNST presentou o Plan de choque contra accidentes mortais no traballo cuxo obxectivo é reducir a sinistralidade laboral e no que estaremos a traballar durante todo este ano.
Ao longo dos próximos meses, en forma de ondas, publicaranse consellos e recomendacións para previr os accidentes de traballo. Prestarase especial atención ás actividades nas que se concentra o maior número de accidentes mortais:
- Construción
- Agro
- Pesca
- Recollida de residuos
- Transporte de mercadorías por estrada
Ademais, lanzaranse mensaxes que axuden a combater os accidentes laborais de tráfico e os debidos a patoloxías non traumáticas.
