Aberta a inscrición nos talleres de prevención do risco químico nos salóns de peiteado


O Issga organiza 8 talleres gratuítos de 4 horas, de carácter teórico-práctico, dunha única xornada de duración co obxectivo concienciar sobre os principais perigos e riscos para a saúde derivados dos axentes quimicos perigosos que poden estar presentes nos salóns de peiteado e tratamentos de beleza polo uso continuo e cotiá de tinguiduras e outros produtos e proporcionar pautas de conduta e medidas preventivas axeitadas para evitalos.

As datas e lugares de realización dos talleres son:

  • 7 de novembro: unha edición en Ourense

  • 29 de novembro: dúas edicións na Coruña e dúas edicións en Pontevedra

  • 30 de novembro: dúas edicións en Narón

  • 13 de decembro: unha edición en Lugo

Para ter máis información e inscribirse, ver o documento que se anexa.

Contacto: proyectos@g2consultores.es e teléfono 686 32 95 97