Aberta a inscrición nos talleres de prevención de traballos con amianto. Xestión, manipulación e tratamento


O Issga organiza  8 talleres gratuítos de 8 horas, de carácter teórico-práctico, repartidos en 2 xornadas co obxectivo de axudar na identificación de posibles materiais con amianto aos profesionais que poden atopar amianto de maneira inesperada e de dar pautas de actuación para evitar que os materiais con amianto poidan poñer en risco ás persoas.

As datas e lugares de realización dos talleres son:

Datas

Lugar

Horario

Nº prazas

30 de setembro e 1 de outubro

Redondela

16:30-20:30

15

15 e 16 de novembro

Lugo

9:30-13:30

15

17 e 18 de novembro

Narón

16:30-20:30

15

19 e 20 de novembro

O Barco de Valdeorras

1º día: 16:30-20:30

2º día: 09:30-13:30

15

25 e 26 de novembro

Mos

16:30-20:30

15

29 e 30 de novembro

A Coruña

16:30-20:30

15

23 e 24 de novembro

Ames

16:30-20:30

15

Pendente

Pontevedra

Pendente

15

 

Para ter máis información e inscribirse, ver o documento que se anexa.

Contacto: proyectos@g2consultores.es e teléfono 686 32 95 97